O alcalde felicita á hostalería de Teis polo éxito da V Ruta de Pinchos
Abel Caballero entregou este venres os diplomas aos establecementos clasificados na quinta edición da Ruta de Pinchos de Teis, na que participaron 18 establecementos e que gañou a Cervecería D’Tres, onde se celebrou o acto. O rexedor deulle os parabéns á Asociación de Comerciantes Zona Teis pola boa acollida que tivo o concurso e fixo entrega tamén dos premios aos gañadores do sorteo entre os clientes que votaron as mellores propostas.