Abel Caballero eloxia a incorporación de talento vigués á representación de Macbeth
O alcalde participou este venres na presentación da ópera de Verdi, que se representa este domingo ás 19:30h no teatro García Barbón como colofón do Outono Lírico da Asociación Amigos da Ópera. Macbeth combina o elenco de renome co talento vigués da Orquestra Vigo430 e do Coro Rías Baixas.
Macbeth, de Giuseppe Verdi, chega este domingo, 4 de novembro, ao teatro Afundación da man da Asociación de Amigos da Ópera, que pecha con esta ópera o seu Outono Lírico no ano que celebran o seu sesenta aniversario. O Concello de Vigo colabora coa entidade na súa programación.
Con entradas practicamente esgotadas, Macbeth volve a representarse en Vigo logo de 36 anos -a última vez foi en 1982-. Abel Caballero puxo en valor a conxunción dun elenco de cantantes nacionais de renome e traxectoria internacional (é o caso de José Antonio López, Maribel Ortega, Eduardo Sandoval ou Felipe Bou) co talento vigués, da man da Orquestra Vigo 430 e do Coro Rías Baixas.
A Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, polo seu aniversario, agasallou ao alcalde cunha réplica do programa Outono Lírico deste ano, convertido xa nunha referencia nacional e internacional pola calidade e orixinalidade das súas produccións.
Descargar todas as imaxes