venres, 9 nov 2018
Os deputados no VII Foro parlamentario hispano portugués veñen de demandar aos gobernos peninsulares a liña de Alta Velocidade entre ambas cidades. Abel Caballero saudou a declaración conxunta pois é "moi importante" para Vigo, sur de Galicia e norte de Portugal, unha área de "case catro millóns de persoas".<br />
venres, 9 nov 2018
Abel Caballero recibiu este xoves no Concello aos beneficiarios do programa de VigoEmprende. A iniciativa conta cun total de 156 beneficiarios en cun importe total de 205.000 euros dentro do programa de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.
venres, 9 nov 2018
O Concello vén de publicar as bases que regularán a convocatoria pública para selección de candidaturas para o posto de dirección do MARCO por un período de 5 anos. A data límite de presentación é o 30 de novembro.
venres, 9 nov 2018
O alcalde de Vigo, xunto ao Delegado de Zona Franca, David Regades, visitou este venres as instalacións de AIMEN no Porriño e mantivo un encontro cos responsables do Centro Tecnolóxico poñendo en valor o seu nivel investigador e a súa traxectoria ao terse "convertido no centro da capacidade tecnolóxica de Europa, un fito que temos que felicitar, estimular e apoiar". O rexedor manifestou o seu compromiso de apoiar os proxectos que desenvolva AIMEN para que acaden o financiamento preciso así como de formar parte das iniciativas de innovación que poñan en marcha.
venres, 9 nov 2018
O alcalde felicitou á organización na súa visita á instalación, presente na Porta do Sol durante este venres co obxectivo de achegar aos usuarios os servizos que ofrecen as farmacias. Na carpa pódese medir a presión arterial, calcular o risco cardiovascular, apoio para deixar de fumar ou o uso das insulinas.