Escoitar

VigoEmprende reparte máis de 200.000 euros dos fondos FEDER para iniciativas empresariais

Abel Caballero recibiu este xoves no Concello aos beneficiarios do programa de VigoEmprende. A iniciativa conta cun total de 156 beneficiarios en cun importe total de 205.000 euros dentro do programa de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

venres, 9 nov 2018
1541771952emprende.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves no Concello aos beneficiarios de VigoEmprende, unha iniciativa enmarcada no programa de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

En total foron 156 os emprendedores beneficiados polo programa que conta cun total de 205.000 euros. "Son xente xove, moitas mulleres que teñen as súas empresas e proxectos de emprendemento, cheos de ideas, con gran entusiasmo", sinalou o rexedor.
Descargar todas as imaxes