Escoitar

O Concello investirá 450.000 euros na cubrición da pista do Centro Cultural de Becerreira

Abel Caballero informou este venres de que o Concello de Vigo aprobou en Xunta de Goberno a contratación das obras de cubrición da pista do Centro Cultural de Becerreira cun importe de licitación de 450.000 euros. Ademais, tamén saíu adiante a prórroga da vivenda para vítimas de violencia de xénero.

venres, 9 nov 2018
1541769752rueda.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou na rolda de prensa celebrada este venres que o Concello investirá 450.000 euros na construción dunha pista cuberta no Centro Cultural de Becerreira.

A Xunta de Goberno Local do xoves aprobou a contratación das obras, segundo informou Caballero. "É moi importante, realmente é o teito dun pavillón de deportes, unha pista de futbito, baloncesto... é unha obra considerable, a primeira fase dun pavillón deportivo", sinalou o rexedor.

A actuación inclúe obras para a retirada do mobiliario existente e construción dunha nova pista, ademais da colocación da estrutura metálica, a instalación da cuberta, renovación do pavimento e instalación de luminarias.

Atletismo
Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou sendas subvencións nominativas de 18.000 euros para o Real Club Celta de Atletismo e para o Club Atletismo Feminino Celta. Por último, obtivo o visto e prace a prórroga da vivenda municipal de protección de vítimas de violencia de xénero.


Descargar todas as imaxes