O rexedor anima á cidade a colaborar na gran recollida do Banco de Alimentos
Durante a súa visita á sede viguesa da Fundación, Abel Caballero realizou unha chamada telefónica a un dos voluntarios do Banco para pedirlle a súa participación na gran recollida solidaria de alimentos, que se realizará o 30 de novembro e o 1 de decembro. O rexedor agradeceulle a súa boa disposición e animou á cidadanía a sumarse a esta campaña para a que se precisan 2.000 persoas. Amais, felicitou aos responsables do Banco de Alimentos polo labor que desenvolven axudando a preto de 25.000 cidadáns con dificultades.