Escoitar

Vigo liderará unha "parte importante" do proxecto do coche autónomo

O alcalde explicou que Vigo tratará de ser unha das cidades piloto na implantación da tecnoloxía 5G para desenvolver o coche autónomo.

mércores, 7 nov 2018
1541599428LRG_DSC08683.JPG
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con representantes da empresa Vodafone que lle propuxeron á cidade liderar un proxecto de tecnoloxía 5G que permite a comunicación, non soamente entre as persoas, senón tamén cos obxectos, o que supón "a modernidade absoluta nos sistemas móbiles de comunicación".

"Trátase dunha tecnoloxía punta no planeta para levar adiante un proxecto excepcional que é o coche autónomo" a través do 5G. Un proxecto ao que Vigo se incorpora, segundo sinalou o rexedor, liderando "unha parte importante do mesmo porque sabemos da importancia da automoción en Vigo e no mundo", intentando ser unha das cidades piloto na implantación do 5G"
Descargar todas as imaxes