Escoitar

III Xornadas Municipais Unidas contra as violencias machistas

O Concello e o Consello Municipal da Muller organizan unha nova edición das Xornadas Municipais Unidas contra as Violencias Machistas que este ano levan por título "Deconstruamos a violencia cun enfoque feminista" y que se celebrarán durante os días 16 e 17 de novembro.

martes, 6 nov 2018
1541510444CARTELXORNADAS.jpg
Os asuntos que se trataran durante as xornadas son: "Desigualdade e discriminación, toma de conciencia e cuarta vaga"; "A feminización da pobreza. A importancia da abordaxe desde un enfoque feminista"; "A prostitución e a trata sexual: outro ciclo da violencia de xénero"; "Muller e prisión: son as cadeas un espazo en igualdade?"; "O Xornalismo despois do 8-M",; "Detección e protección no ámbito da violencia sobre a muller. A situación das e dos menores no ámbito da violencia. Pacto de Estado e a súa aplicación práctica" e "A intervención da medicina forense na práctica do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo"

As xornadas terán lugar na sala de conferencias do Centro Social Afundación. Inscrición gratuíta. Aforo limitado. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. A organización comunicará a confirmación da praza.
Descargar todas as imaxes

Máis información