Escoitar

O rexedor valora a "inmensa capacidade profesional" e a experiencia de GKN

Abel Caballero e o delegado de Zona Franca, David Regades, asistiron este mércores á inauguración da nova subestación eléctrica que permitirá á empresa de Balaídos aforrar un millón de euros ao ano.

mércores, 7 nov 2018
1541599047071118GKN_01.JPG
Na presenza da directora da planta viguesa de GKN Driveline, Consuelo Domínguez, o alcalde puxo en valor a traxectoria profesional e técnica da empresa así como a súa experiencia de corenta e cinco anos no sector da automoción no que "queda moito camiño" por andar e para o que "temos que estar preparados con talento".

Caballero participou na inauguración da nova subestación eléctrica de GKN que lles permitirá aforrar ata un millón de euros ao ano na facturación eléctrica e mellorar a fiabilidade do subministro. Ademais, tivo a oportunidade de percorrer as instalacións da factoría coñecendo de preto o traballo que desenvolven.
Descargar todas as imaxes