luns, 14 dec 2020
Vigo conta co Centro de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero, para toda Galicia, que financia o Concello con 241.000 euros. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a cesión temporal dunha vivenda da rede municipal de pisos de protección para mulleres vítimas da violencia de xénero.
xoves, 6 ago 2020
A Xunta de Goberno Local adxudicou, por un período de dous anos, a xestión do programa SADI-Canguros que ofrece o coidado temporal das nenas e nenos que queden sós co fin de favorecer a formación e acceso ao emprego, especialmente das mulleres.
xoves, 23 xul 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo (CIIES) que ten espazo para 38 persoas e que, en opinión do rexedor, “está facendo un gran traballo”.
martes, 19 mai 2020
O alcalde explica que estas axudas se destinan fundamentalmente a comida para a cidadanía que o precisa, un ámbito no que hoxe se distribúen 596 menús a domicilio. Amais, o goberno municipal ten acollidas a 18 vítimas de violencia de xénero en hoteis da cidade
luns, 4 mai 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o nomeamento de 5 diplomados, 2 auxiliares e 2 técnicos para reforzar o servizo de Benestar dado que o Concello está asumindo “toda a cobertura social nesta pandemia”.
mércores, 22 abr 2020
A Xunta de Goberno dará luz verde a unha subvención de case 47.000 euros que a entidade adique ao fomento do emprego. En total son preto de 80.000 euros o importe das achegas que o Concello adica a esta asociación que loita conta os malos tratos.
venres, 3 abr 2020
A través do teléfono 986 293 963 poden recibir asesoramento xurídico, social ou apoio psicolóxico. A Xunta de Goberno Local prorrogou a cesión dunha vivenda de protección municipal a mulleres vítimas de violencia de xénero e o contrato da xestión das Escolas Infantís de Mestres Goldar e Navia.
venres, 31 xan 2020
Unha ofrenda floral no cemiterio de Pereiró foi o primeiro acto conmemorativo co que Concello quere conmemorar o nacemento de Concepción Arenal, hai dous séculos. Nacida en Ferrol, esta feminista trazou hai douscentos anos unha “interesante” senda a seguir que hoxe moitas mulleres e moitos homes queremos lembrar.
venres, 17 xan 2020
O Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20): <br />
OBRADOIRO "TEATRO PARA A VIDA", OBRADOIRO "ARTE, PAISAXE E XÉNERO", OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS, ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE, CURSO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO LIBRE.
martes, 26 nov 2019
A concelleira Uxía Blanco expuxo os diferentes programas que desenvolve o goberno municipal na área de igualdade e muller, na atención ás vítimas de violencia de xénero e na prevención e concienciación.