Escoitar
Homenaxe a Berta Cáccamo da súas alumnas

Presentación da editorial Baphala

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación da Editorial Baphala; unha editorial para descubrir as mellores obras da literatura poscolonial LGTB, con Mariana Jorge Lozano (editora). Martes, 26 de xuño de 2018 ás 19.00 horas na 2ª planta da Biblioteca pública "Juan Compañel"

luns, 25 xuñ 2018
Conmemoramos o Día Internacional do Orgullo LTBT (28 de xuño) coa presentación da editorial Baphala.
En Baphala Edicións seleccionan, traducen e editan o mellor da literatura LGTBQIA poscolonial, principalmente de África e Asia, para descubrirnos obras que doutro xeito dificilmente serían publicadas no noso país.

Por outra banda, ata o 29 de xuño poderase visitar a "VI exposición colectiva da Casa das Mulleres". Nesta exposición participan un total de 20 mulleres, algunhas delas, alumnas dos obradoiros de "Zentangle" e "Pintura e xénero", organizados pola Concellería de Igualdade.

Alumnas de @Berta A. Cáccamo queren rendirlle o seu particular homenaxe cunha parte da mostra dedicada a ela.
Lugar: Casa das Mulleres. r/Romil,20
Horario: de luns a venres de 17:30 a 21:30h