Vigo xa loce as súas bandeiras azuis
Abel Caballero foi o encargado de izar este luns a Bandeira Azul da praia de Argazada nun acto que contou coa presencia de parte do dispositivo de salvamento, socorrismo e Policía Local despregado durante os meses de verán nos areais vigueses. O Concello de Vigo xa ten en marcha este servizo nas praias con 26 socorristas e 10 axentes.
A cidade de Vigo xa loce as bandeiras azuis nas praias e sendeiros da cidade, un total de doce distincións. As praias que teñen este recoñecemento son o areal da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. O alcalde foi o encargado de izar este luns o distintivo en Argazada.
Ademais, ao igual que o ano pasado, ás praias hai que sumar tres distincións para outros tantos sendeiros: o "Camiño do Lagares", a "Senda entre Faros nas Illas Cíes", que parte da praia de Rodas e chega ata o dous faros da illa, e a "Senda litoral e do Monte da Guía", en Teis, que transcorre polo Monte da Guía, praia da Punta e a ETEA.
Vencellado ás praias, Abel Caballero informou do dispositivo de salvamento e socorrismo, ao que o Concello adica 970.000 euros e presta o servizo nas nove praias con bandeira azul máis Samil. "Policía, seguridade, socorristas, salvamento, limpeza, mantemento, cadeiras anfibias... é a conxunción de todo o traballo para conseguir praias con bandeiras azuis", sinalou o rexedor.
O alcalde tamén indicou que as cadeiras anfibias que posibilita o baño das persoas con mobilidade reducida e que o dispositivo de verán inclúe a 26 socorristas e 10 policías.