Escoitar

Os bombeiros revisarán ata mañá ás 16,00 h as 31 cacharelas que solicitaron autorización

O alcalde de Vigo deu conta esta mañá do inicio dos traballos de inspección das 31 fogueiras que se solicitaron este ano. O servizo de bombeiros realizará tarefas de revisión ata mañá ás 16,00 h para expedir as pertinentes autorizacións.<br />

venres, 22 xuñ 2018
O servizo de bombeiros revisará ata mañá ás 16,00 h as 31 solicitudes de fogueiras diseminadas por todas as parroquias de Vigo para expedirlles as pertinentes autorizacións. O rexedor confiou en que se poidan validar todas e lembrou que este ano haberá unha máis respecto do pasado exercicio. Concretamente, esta é a relación de solicitudes: AAVV San Mamede de Zamáns; Asociación veciñal San Xurxo; AVCD Monte da Mina de Castrelos; Asociación de veciños A Nosa Terra; AVCD Nautilus; Comisión de festas San Xoán Bautista; Real Aero Club de Vigo; Asociación veciñal e cultural Casco Vello; AV Dr José Casas Bouzas; UVCD Candeán; Sociedad deportiva Atlántida; AV de Cabral; CRAC de Coruxo; AV Novo Vigo; Comisión verbena do Carregal; AV Teis; Asociación de amigos do Seixo; AV Val do Fragoso; Asociación comerciantes entorno Xeral; AV Praza da Miñoca; AV As Fontes Vilar Gandarón; AV Curva de San Gregorio e Asociación Torreiro de Coia; Entidade Menor de Bembrive; Asociación de Festas Xuventude de Balaídos; Club de Campo de Vigo; Centro Veciñal de Valladares; Calexón do Viso (Travesía de Vigo); Asociación Folclórica Ventos Comesaña; Bar Danais; AV Santa Ana de Beade e Arenga Pádel Club.