xoves, 21 xuñ 2018
Ás 10,00 h de mañá venres, sairán a venda 4.000 entradas para o concerto de OT en Vigo, que actuará en Castrelos o próximo 10 de agosto no que será unha espectáculo único en España. O prezo para aqueles que queiran seguir o concerto desde o foso é de 5 euros, unha cantidade "simbólica", explicou o rexedor quen engadiu o espectáculo é gratuíto para os que o sigan desde o anfiteatro.
xoves, 21 xuñ 2018
A Fundación Laxeiro acollerá desde hoxe xoves ata o 16 de setembro Os monos de Laxeiro, unha mostra formada por 49 viñetas humorísticas que o pintor publicou na prensa a finais dos anos 20. En palabras do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, esta exposición "nos pon en contacto cunha parte descoñecida do artista, unha faceta que fala da súa concienciación e compromiso social".
xoves, 21 xuñ 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a Vigo Cup 2018 (25 de xuño ata o 8 de xullo), que por segundo ano consecutivo incorpora o fútbol sala ás xa tradicionais competicións de fútbol e fútbol 7. A modalidade de sala comeza este luns 25 e rematará coas finais do domingo 1 de xullo, para a continuación, do 2 ao 8 de xullo, entrar en acción fútbol e fútbol 7.
Educación
xoves, 21 xuñ 2018
O Concello de Vigo convoca a preinscrición de novo alumnado para o vindeiro curso 2018-2019 nas súas Escolas Municipais. Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes: