Caballero anima aos municipios a sumarse "a esta onda imparable de concellos acolledores"
O presidente da FEMP estima que os refuxiados do buque "Aquarius" que se quedarán en España serán "una cantidade moito menor a 600" e indicou que xa son máis de 350 os municipios que ofreceron acollemento.
Abel Caballero aclarou en rolda de prensa que das 620 persoas que viaxaban no buque, "un número significativo quere ir a Francia", posto que o seu lugar de orixe é a cultura fracófana. Ademais, os menores de idade (preto dun centenar) e algunhas mulleres quedarán en Valencia. Como resultado disto, indicou "aínda non se sabe" cantos dos refuxiados permanecerán en España e terán que ser distribuídos polos concellos acolledores, se ben será "unha cantidade moito menor de 600".
En canto aos concellos que amosaron a súa vontade acoller, Caballero dixo que xa superan os 350. Respecto a Galicia, agradeceu8 a todos os gobernos locais que lle trasladaron a súa vontade, como Pontevedra e Santiago, así como as deputacións de Pontevedra e Lugo, aínda que precisou que "vota de menos algúns concellos". Aproveitou para lanzar a estes municipios "unha mensaxe amigable" aos que faltan para "que se unan a esta onda imparable de concellos acolledores".