A procura das herbas de San Xoan
Un ano máis achegámonos á noite meiga, á noite de SAN XOÁN!: cacharelas, sardiñas, auga, herbas, cacho...E un ano máis o Concello de Vigo realiza diferentes actividades para dar a coñecer, pór en valor, e transmitir esta tradición que vén dende hai ben de anos.
O xoves 21 de xuño, dende as 18.30 h haberá unha charla, o Concello organiza un percorrido polo horto da Casa da Xuventude para coñecer in situ as herbas do cacho e rematar cun obradoiro no que a base deste serán algunhas das herbas do ramo de S. Xoán.
O sábado 23, dende as 10.30 no local do Centro Cultural de Matamá, aproximárase a esta tradición cunha charla e posteriormente percorrerase a parroquia na procura das herbas do cacho. Nesta ocasión contase coa colaboración das e dos veciños de Matamá a través do seu centro cultural.
Descargar todas as imaxes