luns, 18 xuño 2018

O alcalde augura o mellor dos éxitos ao "gastromercado" de O Berbés porque é un proxecto "con alma e corazón"

luns, 18 xuñ 2018

Abel Caballero referiuse esta mañá ao "gastromercado" de O Berbés como un punto de encontro "imprescindible" no Casco Vello, un proxecto que mistura tradición e proximidade coa ilusión da xente e vaticinou que "nada vai ensombrecer este éxito". Durante a inauguración, reiterou o apoio do goberno local ao conxunto do marcado no que o Concello investiu 2,5 millóns na remodelación das instalacións.