Escoitar

O alcalde felicita aos 13 alumnos do programa Alida, orientado a integración laboral de persoas con Síndrome de Down

O alcalde felicitou esta mañá aos 13 estudantes do 1º curso do programa Alida que están a recibir formación na Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo. Trátase dun itinerario pioneiro de formación inclusiva orientado a persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual que ten como obxectivo conseguir a inserción socio-laboral do alumnado.

venres, 15 xuñ 2018
1529068220Down_01.JPG
Na clausura do primeiro curso do Programa Alida, o rexedor animou aos alumnos a emprender a busca de emprego ao tempo que reiterou a necesidade de aumentar o compromiso laboral das administracións públicas e das empresas coas persoas con algún tipo de discapacidade. Eloxiou un programa que inclúe unha formación de dous anos cun período de prácticas no sector administrativo, educativo ou financeiro, entre outros. As novas tecnoloxías aplicadas á empresa e os idiomas foron as principais materias evaluables do curso e tamén se impartiron contidos sobre lectura, escritura, matemáticas ou relacións sociais. Alida está promovido por profesores voluntarios da Escola de Maxisterio e profesionais de Down Vigo.
Descargar todas as imaxes