Abel Caballero expón o protocolo das Entidades Locais para o acollemento dos migrantes do Aquarius
En declaracións aos medios, o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias anunciou que abordará esta cuestión no seu encontro coas ONG's Cruz Vermella, ACCEM e CEAR do próximo martes.
A FEMP vai expor un protocolo de actuación das Entidades Locais para o acollemento dos migrantes do buque Aquarius. Así o anunciou este xoves o alcalde e presidente da Federación, Abel Caballero, quen explicou que se trata dun proceso de varias fases. Nun primeiro momento, contempla saber cantos Concellos ofrécense, contactar directamente con cada un deles e así coñecer as súas dispoñibilidades e as garantías de funcionamento coas que contan para, "a partir de aí, facer o acompañamento e a distribución xa co Goberno de España de cantos refuxiados van a cada Concello", explicou Caballero. Posteriormente, o Concello encargarase do seguimento dos refuxiados aos que dá acollida.
Esta cuestión abordarase o vindeiro martes, 19 de xuño, na reunión que Caballero manterá na sede da FEMP con representantes de Cruz Vermella, CEAR e ACCEM, as tres ONG's coas que a Federación subscribiu hai dous anos un acordo de colaboración que "agora se potencia e renova".
Caballero manifestou a súa satisfacción coa sensibilidade mostrada polos Gobernos Locais, "de todos os tamaños e de todo o territorio", ante a emerxencia humanitaria do buque Aquarius, e subliñou que ás 230 Entidades contabilizadas onte, engádense novas incorporacións. É a unha "gran acción dos Concellos", resumiu.