Escoitar

Air Nostrum propón ao Concello rotular dous avións con imaxes turísticas de Vigo

O Concello de Vigo aprobou este xoves a adxudicación provisional a Air Nostrum do concurso público de promoción turística municipal no que a compañía ofrece rotular dous avións con imaxes da cidade.

xoves, 14 xuñ 2018
1528980481Castelao_03.jpg
O alcalde de Vigo informou este xoves da aprobación provisional da oferta recibida pola aeroliña Air Nostrum para ao concurso de promoción turística municipal "Vigo 2018-2020" polo que o aeroporto terá conexións con Londres, París, Valencia e Sevilla ata o ano 2020.

A oferta por parte da compañía española inclúe na súa proposta o rotulado de dous avións, os máis grandes da flota, que operan en rutas regulares nacionais e internacionais. Ademais, segundo informou Abel Caballero, Air Nostrum tamén levará a cabo importantes accións promocionais da cidade.

O rexedor explicou que o contrato permite que a ruta a Valencia opere ata decembro de forma anual durante os anos 2019 e 2020, a conexión con Sevilla sexa como mínimo durante cinco meses nos dous próximos anos, o voo a Londres funcionará este verán e o destino París, este verán e un mínimo de sete meses dos anos 2019 e 2020.

"Presentouse Air Nostrum e cumple con todas as esixencias do concurso, polo que estamos moi satisfeitos, o aeropoerto vai moi ben e segue crecendo, pese a metedura de pata de Aena", sinalou Caballero.
Descargar todas as imaxes