O alcalde destaca a "transformación da cidade" no terceiro ano do seu terceiro mandato ao fronte do goberno vigués
Abel Caballero fixo este mércores balance 2+3 (dous mandatos máis tres anos do terceiro) da súa etapa ao fronte do goberno vigués. Acompañado dos concelleiros e concelleiras do executivo local, o alcalde destacou a "transformación da cidade" e lembrou os momentos complicados durante a loita contra os recentes incendios. Ademais, incidiu nas políticas sociais e de emprego, a débeda cero, as humanizacións e os grandes proxectos en marcha.
Abel Caballero fixo este mércores balance de xestión no terceiro ano do seu terceiro mandato nun acto no Auditorio Municipal no que estivo acompañado de todo o seu equipo de goberno e por representantes dos sectores económicos, sociais e culturais da cidade.
O alcalde de Vigo destacou durante a presentación a "transformación da cidade" ao longo dos últimos tres mandatos e sinalou que "o noso proxecto continuará" con grandes obras para levar a cabo o "maior cambio vivido na historia da democracia en Vigo".
Caballero contrapuxo o investimento levado a cabo polo goberno local en políticas sociais fronte ao resto das cidades galegas. No plano político, o alcalde recordou que por primeira vez a Deputación de Pontevedra está sendo dirixida por unha viguesa, a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva.
Na presentación do balance, arrancou o alcalde repasando as 150 rúas que foron humanizadas nos últimos dous anos e que xa forman parte das 900 que se remodelaron nos últimos anos en todas as parroquias e no casco urbano. Entre as novas humanizacións, referiuse a Rosalía de Castro, contorna de Marqués de Valterra, Estrada Provincial e Estrado de Porto (Beade), zonas que herdamos nunha situación "lamentable"
Seguindo coas melloras, referiuse aos 170 parques, novos ou reformados, entre eles o macro parque de Castrelos ao que proximamente se van sumar o de Venezuela, o de Navia ou o de Teis. Ademais dous novos skateparks, un en Navia e outro en Barreiro. Segue crecendo o número de parques biosaudables e xa son 85 (no ano 2007, había só 1). Máis de 6.000 árbores prantadas nas rúas e 40.000 en parques e zonas forestais son outras das cifras que hoxe formaron parte do balance de xestión de Caballero.
O alcalde tamén destacou a política medioambiental e a posta en marcha do proxecto para crear o novo anel verde que defenda a cidade fronte aos incendios. Precisamente, a situación vivida o pasado mes de outubro foi destacada por Caballero como exemplo de colaboración entre todos os corpos policiais, voluntarios e cidadanía.
O alcalde puxo en valor a política social aplicada polo goberno de Vigo en comparación ao resto de Galicia, a máis importante das cidades de España en función da poboación, con o único albergue municipal, con axudas ao pago de vivenda, de enerxía e de alimentación. Tamén enfatizou o apoio á educación pública, con 5.000 bolsas de comedor escolar, o programa "Vigo en Inglés", as escolas infantís e a UNED de Vigo, con trece titulacións no Mar de Vigo.
Igualmente, destacou que os vigueses son os galegos que menos impostos pagan e amosou a presión fiscal que deben pagar os cidadáns do resto de cidades de Galicia fronte aos de Vigo. O alcalde tamén referiuse á recuperación do aeroporto de Vigo, incluíndo os últimos problemas co ILS creados pola "mala planificación" do Goberno de España, e á designación de Vigo como o concello galego máis transparente.
Destacou tamén o proxecto do Vigo Vertical, coa segunda fase das escaleiras da Segunda República en obras e o inicio de proxectos en San Salvador, no parque Camilo José Cela e en Carral. Engádese o EDUSI, financiado con 15 millóns de fondos FEDER e outros 3,5 millóns municipais, para levar adiante accións do Vigo Vertical, por exemplo, na Gran Vía.
No acto, Abel Caballero aludiu aos grandes proxectos conseguidos ou en marcha, como a remodelación do estadio de Balaídos, a nova depuradora, a rehabilitación da Panificadora, a apertura da sede viguesa da UNED, a peonalización da Porta do Sol ou a campaña Illas Cíes, Obxectivo Patrimonio da Humanidade.