venres, 15 xuño 2018

O alcalde pide a Xunta unha "reasignación" escolar para que o alumnado de Navia estude en institutos máis próximos

venres, 15 xuñ 2018

O goberno de Vigo suma a súa demanda á das ANPAS e familias de alumnos do colexio Rodríguez Castelao de Navia, requirindo á Xunta que asigne aos estudantes deste centro a institutos máis próximos a Navia en lugar do IES de Valadares que lles toca. Abel Caballero esixe ademais un instituto en Navia e ofrece a Xunta de Galicia o solo para construílo.

Vigo, sede dun concerto único en España: Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi

venres, 15 xuñ 2018

O Concello de Vigo pechou esta actuación exclusiva para o 10 de agosto, ás 22:30 horas, no Auditorio de Castrelos, segundo anunciou Caballero este venres. Os artistas se deron a coñecer grazas á súa participación en Operación Triunfo. Este concerto exclusivo engrandece o cartel programado polo goberno de Vigo para Castrelos, onde tamén actuarán Maná, Little Steven, Juanes, Serrat ou Raphael.

O goberno de Vigo aproba a renovación do céspede do campo de fútbol da Bouza

venres, 15 xuñ 2018

O Concello deu o visto e prace ao proxecto para substituír o céspede do campo de fútbol da Bouza e renovar o alumeado. A actuación enmárcase no convenio firmado coa Deputación de Pontevedra para a mellora de instalacións deportivas en Vigo. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o obradoiro de emprego "Vigo Capacita V" que formará a 20 alumnos.

Preto de 500 investigadores participan do 20 ao 22 de xuño no VI International Symposium on Marine Sciences, que inclúe o workshop "Patrimonio Cíes"

venres, 15 xuñ 2018

"Vigo converterase durante estes días na capital mundial da ciencia", destaca Caballero. Vigo acollerá do 20 ao 22 de xuño o VI International Symposium on Marine Science (ISMS), que albergará un total de seis congresos simultáneos, entre eles o I Workshop "Patrimonio Cíes", e que contará coa presenza de case 500 especialistas de todo o mundo.

O alcalde felicita aos 13 alumnos do programa Alida, orientado a integración laboral de persoas con Síndrome de Down

venres, 15 xuñ 2018

O alcalde felicitou esta mañá aos 13 estudantes do 1º curso do programa Alida que están a recibir formación na Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo. Trátase dun itinerario pioneiro de formación inclusiva orientado a persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual que ten como obxectivo conseguir a inserción socio-laboral do alumnado.