A sexta Vasoira de Platino consecutiva recoñece a "extraordinaria" limpeza de Vigo
O alcalde puxo en valor que o Concello sexa novamente distinguida co galardón, onde o xurado destacou a limpeza da cidade e en particular o sistema de recollida de residuos no Casco Vello. O novo contrato de limpeza, anunciou Caballero, duplicará as brigadas no rural e substituirá os vehículos de gasolina por outros eléctricos e de gas.
O Concello de Vigo vén de recoller a sexta Vasoira de Platino consecutiva, galardón que recoñece a "extraordinaria" limpeza da cidade, en verbas de Abel Caballero, e en particular distingue o sistema de depósito e recollida de residuos na zona vella, onde o Concello coloca e retira cada día os contedores no horario establecido.
O Vasoira de Platino é o máximo galardón que se concede, un premio bianual que Vigo recibiu nas últimas seis edicións: desde 2008 ata este 2018. Abel Caballero subliñou que, desde a súa chegada á Alcaldía, a cidade recibe consecutivamente este premio.
En rolda de prensa, o rexedor vigués avanzou algunhas das melloras que o Concello vai incorporar en materia de limpeza, en base ao novo contrato municipal. Entre estas, Caballero destacou o incremento das dotacións no rural, onde actuarán oito brigadas polas catro que o fan actualmente, e a renovación de toda a maquinaria por outra sen emisións de gases de efecto invernadoiro.
A este respecto, detallou Caballero, o goberno de Vigo substituirá os vehículos movidos por combustibles fósiles por outros eléctricos ou de gas: os lixeiros pasarán a ser eléctricos e os vehículos pesados, a gas.
Descargar todas as imaxes