O Concello prolonga desde o luns as liñas C3, L4C e L23 para dar servizo ás praias
Así anunciouno este venres Abel Caballero en rolda de prensa, un reforzo do autobús urbano vigués que levará todos os días o C3 ata Samil e o L23 ata Samil e o L4C ata Samil e O Vao.
O goberno de Vigo inicia este luns o reforzo estival do autobús urbano no servizo ás praias da cidade. Segundo expuxo Caballero, as líñas C3, L4C e L23 amplían os seus percorridos para finalizar nos areais vigueses.
A liña C3, que durante todo o ano chega ata Samil nas fins de semana, desde o luns tamén o fará pola semana, nos días laborables, mantendo os seus horarios habituais. A L4C, que habitualmente finaliza en Coia, tamén prolongará diariamente a ruta ata Samil, igual que a L23, que desde Martín Echegaray continuará ata Samil todos os días.