Caballero e Reigosa amosan "vontade absoluta de cooperación" e "plena sintonía" entre institucións
O alcalde de Vigo recibiu este martes ao novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, co que mantivo unha primeira reunión na que xa abordaron fórmulas de cooperación. "Compartimos a mesma visión da Universidade de Vigo, tanto como alcalde como profesor", asegurou Abel Caballero.
Abel Caballero e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron este martes a primeira reunión oficial nun encontro celebrado co novo equipo directivo. Tanto o rexedor vigués coma o reitor amosaron unha "plena sintonía" á hora de abordar o futuro inmediato da Universidade.
"Compartimos a mesma visión da Universidade, tanto como alcalde como profesor, e xa avanzamos en fórmulas para desbloquear asuntos como a débeda", manifestou Caballero na rolda de prensa posterior a reunión celebrada na Alcaldía de Vigo.
O alcalde destacou a intención do Concello de "cooperar" coa Universidade en todos os campos e sinalou que xa houbo avances no primeiro encontro. "Un asunto de máxima importancia é a mellora do transporte e xa comprometo que na nova concesión será máis fluído e máis rápido", indicou Abel Caballero.
"Temos unha vocación de cooperación total e absoluta, e debo dicir que estou absolutamente satisfeito, non solo na face política ou universitaria, senón tamén na cidadá e na persoal", engadiu o rexedor.
Pola súa banda, Manuel Reigosa valorou tamén esta primeira toma de contacto co alcalde e sinalou que "houbo plena sintonía co Concello", ademais de explicar que espera conseguir unha maior presencia da Universidade de Vigo na cidade.