O Festival de Jazz de Vigo aspira a converterse nun certame europeo nos próximos dez anos
O Festival de Jazz de Vigo se celebra en Vigo desde o 29 de xuño e o 4 de xullo, nunha edición na que o alcalde manifestou que "se abre unha nova etapa ambiciosa" que ten por obxectivo "fabricar" nunha década "un certame de ámbito europeo". Así o dixo na presentación desta iniciativa cultural que o Concello con 150.000 euros.
Abel Caballero ratificou esta mañá o comezo dunha "nova senda" do Festival de Jazz de Vigo, con entidade propia e que busca responder "á enorme afección ao jazz" que hai en Vigo. "Temos que facer emerxer e facer moi visible esa cultura", destacou o rexedor. Este evento, organizado polo Concello baixo a dirección artística de Yago Vázquez e Felipe Villar -este último presente na rolda de prensa-, contará con 19 formacións e solistas internacionais, nacionais e galegos e un orzamento integramente municipal de 150.000 euros. Os espazos nos que se vai desenvolver son o Auditorio Municipal de Vigo, A Casa das Artes, o Conservatorio Superior de Música ou lugares ao aire como a rúa Londres ou a Praza da Princesa.
Pola súa banda, Felipe Villar coincidiu co rexedor en que "se trata dun gran festival" e destacou que en Galicia "hai unha carteira importante de músicos cunha calidade espectacular".
Descargar todas as imaxes
Pola súa banda, Felipe Villar coincidiu co rexedor en que "se trata dun gran festival" e destacou que en Galicia "hai unha carteira importante de músicos cunha calidade espectacular".