Escoitar

ProVigo intensificará a súa actividade con máis empresas e reunións sectoriais

O alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero, asegurou que existe unha demanda "moi importante" de empresas que solicitan a súa incorporación en ProVigo así como de celebrar máis eventos sectoriais da economía como os xa promovidos cun "gran éxito" pola entidade.

luns, 18 xuñ 2018
1529322881provigo.JPG
O Padroado de ProVigo, reunido este luns no edificio municipal de Areal, aprobou as contas da Fundación do pasado ano e constatou, explicou Caballero, a existencia "dun número moi importante de empresas" que queren sumarse á entidade. Ademais, o alcalde expuxo que tamén se demanda da Fundación a organización de máis eventos sectoriais sobre ámbitos da economía viguesa. Os celebrados ata o momento, anotou Caballero, están a ter "un gran éxito".

Por todo isto, o alcalde vigués anunciou que "imos intensificar" a actuación da Fundación ProVigo aglutinando empresarios e profesionais nestas citas de carácter sectorial, que se converterán "practicamente en permanentes".
Descargar todas as imaxes