Escoitar

Actividades de Igualdade

O Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20): <br /> OBRADOIRO "TEATRO PARA A VIDA", OBRADOIRO "ARTE, PAISAXE E XÉNERO", OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS, ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE, CURSO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO LIBRE.

venres, 17 xan 2020
1579264613actividades.jpg
OBRADOIRO "TEATRO PARA A VIDA"

Destinado a mulleres maiores de 18 anos.

Formadora: María Rodríguez Salgueiro .

Obxectivos: Favorecer a comunicación cunha mesma e coas demais. Mellorar a autoestima mediante xogos e exercicios teatrais que proporcionarán ferramentas para unha mellor aceptación de nós mesmas.

Contidos:O corpo.A respiración.Técnicas e dinámicas de desinhibición.Exercicios para fortalecer a nosa autoestima.Técnicas de improvisación.

Temporalización:Duración: 20 sesións. 40 horas. Datas: mércores, do 5 de febreiro ata o 17 de xuño.
Horario: de 18:00 a 20:00h.

OBRADOIRO "ARTE, PAISAXE E XÉNERO"

Destinado a mulleres maiores de 18 anos.

Formadora: Iria Vázquez López.

Obxectivos:Introducir teoría e práctica na relación arte e paisaxe ao longo da historia moderna e contemporánea. Aprender novas técnicas e procedementos artísticos coas prácticas na natureza e a concepción da paisaxe. Coñecer a historia da arte desde unha perspectiva de xénero.

Contidos:Historia e evolución: arte e paisaxe. Prácticas artísticas.Territorios experimentais.Corpo, xénero e paisaxe.Cuestionando os estereotipos. Ecoloxía e feminismo.

Temporalización:Duración: 16 sesións. 40 horas.Datas: mércores, do 5 de febreiro ata o 27 de maio (agás 8 de abril). Horario: de 18:00 a 20:30h.

OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS

Destinado a mulleres maiores de 18 anos con coñecementos informáticos básicos.
Formadora: Uxía Cazorla Silva.
Obxectivo:Proporcionar as habilidades básicas para o manexo dos dispositivos dixitais e o acceso á administración electrónica.
Contidos: Móbil, tablet e/ou portátil: uso básico de sistema operativo e de actualización do dispositivo,; acceso a internet a través de wifi e/ou datos; aplicacións básicas como correo electrónico e whatsapp.Administración electrónica: identidade dixital (alta, certificados dixitais); xestións administrativas electrónicas: sede electrónica de distintas administracións, carpeta cidadá, notificacións electrónicas, certificados electrónicos, etc.

Temporalización:Duración: 10 sesións. 20 horas. Datas: luns, do 3 de febreiro ata o 13 de abril (agás o 24 de febreiro).Horario: de 18:00 a 20:30h.

ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE

Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

Obxectivos:Crear un espazo para o debate, aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias das participantes.Promover unha comunicación libre de xuízos e prexuízos, onde as mulleres atoparán un clima de confianza no que poderán expresarse e comentar, destde o enfoque de xénero, temas de interese e actualidade, fomentando a súa participación social.Propiciar a sororidade, tecendo redes de apoio e solidariedade entre as participantes.

Temporalización:Duración: 16 sesións. 32 horas. Incorporación aberta durante o período da actividades.Horario: de 18:00 a 20:30h.

CURSO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO LIBRE

Destinado a monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

Obxectivos:Sensibilizar e formar o monitorado verbo das desigualdades existentes entre homes e mulleres na nosa sociedade, as orixes destas desigualdades e as súas consecuencias.Dotar o monitorado de ferramentas para o desenvolvemento e aplicación dunha práctica e intervención coeducativa, que integren a perspectiva de xénero transversalmente nas actividades de tempo libre.
Sensibilizar e formar o monitorado en relación á violencia machista e ao acoso sexual e por razón de sexo, para que nos períodos de convivencia co alumnado poidan detectar e actuar ante o sexismo e as agresións sexistas, sexan da intensidade que sexan.

Contidos:Introdución á perspectiva de xénero: Sistema sexo-xénero. Socialización diferenciada. Principais axentes no proceso de socialización.Consecuencias da socialización diferenciada: Segregación nos estudos e segregación laboral. Discriminacións directas e indirectas. O teito de cristal e o chan pegañento. Traballo asalariado e traballo non asalariado. O traballo doméstico e de coidados. Feminización da pobreza. Situación socio-económica das mulleres no mundo.A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo libre: a coeducación. A transversalidade como estratexia para o cambio. O concepto e as orixes da coeducación. A planificación da práctica coeducativa no tempo libre. Pasos para a planificación da actividade. Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo libre: A comunicación: linguaxe e imaxes. Comunicación verbal e non verbal. A escoita activa. Os xogos, os recursos e os espazos para o desenvolvemento das actividades. Libros e materiais didácticos. As novas tecnoloxías. A interacción no grupo. Autoestima e asertividade. Monitores e monitoras como referentes nas actividades de tempo libre. Resolución de conflitos. Prevención da violencia de xénero: Conceptualización da violencia de xénero e das distintas violencias machistas. Previr e detectar a violencia machista. Como intervir ante un posible caso de violencia machista.

Metodoloxía:Combinaranse exposicións teóricas dos contidos cunha parte práctica, dirixida a que o monitorado leve a cabo dinámicas que lles servirán para o seu posterior traballo na súa actividade no ámbito da animación e o tempo libre. Esta parte práctica consistirá en dinámicas de grupo; traballos individuais e grupais de investigación; análise documental sobre os temas tratados en cada módulo e análise a través de debates en gran grupo de de spots, vídeo-clips, curtametraxes, documentais, etc. relacionados con cada temática concreta

Temporalización: Duración: 4 sesións. 20 horas. Datas: 17,18, 24 e 25 de abril.Horario: venres 17 e 24 de abril, de 16:30 a 21:30h e sábados 18 e 25 de abril, de 9:00 a 14:00h.

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA TODAS AS ACTIVIDADES:

Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición adxunta (formato editable) e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Lugar de inscrición:

na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); ou

na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp

Entrega de diplomas: en todas as actividades (agás a "Escola feminista de empoderamento") entregaranse diplomas acreditativos de aproveitamento do curso sempre e cando o alumnado asista como mínimo ao 80% da formación.
Descargar todas as imaxes