Bombeiros e Policía realizaron 75 intervencións pola tromba de agua caída en Vigo

Máis de 10 litros de auga por metro cadrado en tan só 20 minutos provocaron este xoves numerosas incidencias en Vigo, ningunha de gravidade. "A cidade aguantou ben unha tromba de auga dunha magnitude considerable", asegurou o alcalde tras informar de que Bombeiros e Policía realizaron 75 intervencións.

venres, 17 xan 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres das incidencias rexistradas na cidade a tarde anterior debido á tromba de auga caída en apenas vinte minutos. "Tivo unha magnitude considerable, pero a cidade aguantou ben e non houbo danos graves", sinalou.

Segundo explicou o rexedor, desde as cinco da tarde ata as cinco e media recolléronse un total de 10,3 litros por metro cadrado, o que provocou o desbordamento de sumidoiros e inundacións nas zonas habituais.

As principais consecuencias, ademais das inundacións, foron pequenos accidentes polas tapas de sumidoiro desprazadas, contedores en metade da calzada, árbores e ramas caídas sobre rúas e postes de luz e alumeado público. Os servizos de emerxencia realizaron un total de 75 intervencións de Bombeiros e Policía Local.