O alcalde eloxia o labor a prol da igualdade de Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato

Abel Caballero asistiu este luns ao descubrimento das placas coa nova denominación de tres edificios da Universidade de Vigo que reciben o nome de Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato, onde puxo en valor a traxectoria das tres mulleres que "marcaron tanto nas súas épocas" e que loitaron pola igualdade. Durante o acto, María Teresa Fernández de la Vega, presidenta do Consello de Estado e ex vicepresidenta do Goberno, apuntou que "non hai futuro que non pase pola igualdade" cualificando a violencia de xénero como a lacra "máis indigna que sufrimos as mulleres"

luns, 22 abr 2019
1555937371universidad.jpg
Descargar todas as imaxes