O goberno de Vigo valida convenios con sete clubs deportivos e adxudica os novos asentos de Río Baixo
A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores deu luz verde ás subvencións a entidades deportivas de elite para a actual tempada, por importe total de 301.500 euros. Ademais, o goberno dirixido por Abel Caballero adxudicou a instalación de novos asentos en Río Baixo, en Balaídos, por 550.000 euros.
Este mércores celebrouse a Xunta de Goberno Local na que o executivo presidido por Abel Caballero aprobou subvencións nominativas mediante convenio a entidades deportivas de elite para a presente tempada deportiva 2018-2019, un apoio total de 301.500 euros para sete clubs.
Segundo os textos validados, o Concello achega para esta tempada 20.000 euros á Asociación Deportiva Carballal e a mesma cantidade para a SCD Atlántida de Matamá, 25.000 euros para o Unión Balonmán Lavadores, 30.000 euros para o Club Xuvenil de Teis, 47.000 para o Vigo Voleibol, 75.000 euros para o Rápido de Bouzas e 84.500 euros para o Club Deportivo Bosco.
Por outra banda, e tamén relacionado co mundo do deporte, o goberno de Vigo adxudicou hoxe mércores de subministro e instalación de novos asentos para a bancada de Río Baixo, no estadio municipal de Balaídos. O contrato ten un importe de 550.000 euros e o prazo de garantía ascende aos tres anos.