martes, 23 abr 2019
Vigo acollerá en novembro a terceira edición do encontro que en 2018 superou os 300 inscritos. O alcalde recibiu este martes a unha representación do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, os organizadores do III Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade 4.0, que se marcan o obxectivo de situar á cidade como un referente para empresas e profesionais do sector. Para iso contarán coa presenza de profesionais relevantes e coa experiencia de expertos en prevención e seguridade, centros tecnolóxicos e da administración. <br />
martes, 23 abr 2019
O Concello de Vigo adicará uns 150.000 euros ás labores de asfaltado da rúa Urzáiz, entre Gran Vía e Colón, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobe o vindeiro xoves a adxudicación para a contratación do proxecto de pavimentado.
martes, 23 abr 2019
As xogadoras e o equipo técnico do Celta Zorka foron recibidas este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, antes de viaxar a Tenerife para participar no play-off de ascenso no que buscarán o seu regreso á máxima categoría nacional do baloncesto feminino.