O Concello apoia a celebración do III Congreso Internacional de Prevención e Seguridade 4.0
Vigo acollerá en novembro a terceira edición do encontro que en 2018 superou os 300 inscritos. O alcalde recibiu este martes a unha representación do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, os organizadores do III Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade 4.0, que se marcan o obxectivo de situar á cidade como un referente para empresas e profesionais do sector. Para iso contarán coa presenza de profesionais relevantes e coa experiencia de expertos en prevención e seguridade, centros tecnolóxicos e da administración. <br />