mércores, 24 abr 2019
A Corporación, en sesión ordinaria, deu luz verde este mércores á moción presentada polo grupo municipal socialista na que require á Xunta de Galicia que asuma "íntegramente o custo económico e subministre os medios materiais necesarios para a prevención e extinción de incendios nos montes de Vigo".
mércores, 24 abr 2019
A moción foi presentada polo grupo socialista no Pleno e saíu adiante co apoio de Marea e os votos en contra do PP. O acordo aprobado este mércores insta ao goberno autonómico a investir na cidade "a mesma cantidade que o presidente da Xunta di ‘aforrar’ na Cidade da Cultura, de xeito que se dote de infraestruturas de investigación e culturais á cidade máis poboada de Galicia: Vigo".
mércores, 24 abr 2019
As praias de Vigo verán ampliado o seu servizo de socorristas despois de que o Pleno da Corporación Municipal aprobase por unanimidade unha moción do grupo municipal da Marea. A acordo implica que haxa salvamento desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, ademais dos fins de semana posteriores cando exista afluencia de bañistas.
mércores, 24 abr 2019
Os tres grupos municipais aprobaron este mércores unha moción da PP de Vigo instando ao goberno local a acordar cos representantes dos traballadores unha retribución xusta que remate coas discriminacións existentes entre Policía e Bombeiros, así como para a dotación de material básico necesario para a Policía Local.
mércores, 24 abr 2019
A moción popular, que demanda o investimento do remanente de tesourería nas parroquias para poder dotalas dos mesmos servizos que o centro da cidade, quedou aprobada coa abstención do PSOE e o rexeitamento de Marea de Vigo.