Escoitar

O Pleno insta ao goberno local a acordar a equiparación salarial de Policía e Bombeiros

Os tres grupos municipais aprobaron este mércores unha moción da PP de Vigo instando ao goberno local a acordar cos representantes dos traballadores unha retribución xusta que remate coas discriminacións existentes entre Policía e Bombeiros, así como para a dotación de material básico necesario para a Policía Local.

mércores, 24 abr 2019
A voceira do PP, Elena Muñoz, foi a encargada de defender a proposta que finalmente saíu adiante por unanimidade no Pleno extraordinario da Corporación Municipal. Rubén Pérez e Carlos Font tomaron a palabra por parte da Marea de Vigo e do PSOE, respectivamente.