Escoitar

O Pleno propón á Xunta asumir o custo e os medios de prevención e extinción de incendios nos montes de Vigo

A Corporación, en sesión ordinaria, deu luz verde este mércores á moción presentada polo grupo municipal socialista na que require á Xunta de Galicia que asuma "íntegramente o custo económico e subministre os medios materiais necesarios para a prevención e extinción de incendios nos montes de Vigo".

mércores, 24 abr 2019
O texto que presenta a moción indica que "a Xunta de Galicia, como administración supramunicipal, ten que asumir tanto o establecemento e custo de medidas preventivas durante todo o ano como de medidas de extinción de incendios axeitadas para sufocar calquera lume que se poida xerar e que, por acción do vento ou das altas temperaturas, poden afectar non só a un municipio".

O Estatuto de Autonomía de Galicia, engade o texto, atribúe á Xunta "competencia exclusiva sobre montes e aproveitamentos forestais". O grupo do goberno de Vigo, propoñente da moción, votou a favor, mentres que os edís de Marea se abstiveron e os do PP votaron en contra.