A Corporación insta ao Concello a dedicar 30 millóns de euros a un plan de parroquias
A moción popular, que demanda o investimento do remanente de tesourería nas parroquias para poder dotalas dos mesmos servizos que o centro da cidade, quedou aprobada coa abstención do PSOE e o rexeitamento de Marea de Vigo.
O edil popular, Miguel Fidalgo, expuxo que a política de investimentos e humanización do goberno municipal ten desembocado nun Vigo de dúas velocidades, cun centro urbano que concentra a maioría das inversións en contraste co "abandono que sofren as parroquias", o que causa unha "grande fenda nas dotacións e unha fonda desigualdade".
Por este motivo, a moción acorda instar ao goberno local a dedicar 30 millóns de euros do remanente de tesourería a un plan de parroquias para ofrecerlles o mesmo nivel de servizos e dotacións que o centro da cidade e rematar así con estes anos de discriminación negativa que teñen sufrido. Amais, a moción popular insta á Deputación de Pontevedra e ao Goberno local a deixar de enganar aos veciños de Vigo e axilizar os investimentos pendentes dos convenios asinados.