Escoitar

A Biblioteca Neira Vilas celebra o Día Mundial do Libro con diferentes actividades

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) e a Biblioteca Neira Vilas celebrarán este martes, 23 de abril, diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Libro. <br />

luns, 22 abr 2019
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) súmase este martes 23 de abril, con motivo do Día do Libro, á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas. A solta de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade.

Os participantes poñen en circulación libros coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Cada libro estará acreditado coas súas correspondentes etiquetas, conterá as instrucións necesarias para facilitar a participación na campaña, e estará rexistrado na web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Ademais, o MARCO tamén acollerá maratón Sabidurius