martes, 1 out 2013
A Concellería de Igualdade convoca á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá o mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo). A Doutora Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUDAPE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.
xoves, 26 set 2013
A Concellería de Igualdade informa de que desde o día 20 de setembro está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.

luns, 16 set 2013
Presentacións de libros, obradoiros, faladoiros, exposicións ou cursos varios son algunhas das actividades que acollerán ao longo dos catro próximos meses o Centro de Documentación e Recursos Feministas, así como a Casa das Mulleres. A concelleira Isaura Abelairas degranou hoxe luns o calendario de actos.
venres, 30 ago 2013
Vigo, nos multicines Norte, será a cidade na que se proxecte por primeira vez o novo traballo da cineasta galega, ás 20:30 horas deste venres, un filme que foi presentado no Concello por Margarita Ledo, Eva Veiga, Abel Caballero e Isaura Abelairas.
martes, 25 xuñ 2013
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou os actos da Semana do Orgullo, que comezan hoxe martes e rematan o sábado cunha manifestación ás 19:30 horas con saída na farola de Urzáiz. Hoxe, ás 20 horas, inaugúrase o programa con "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB", mostra que estará na Casa das Artes ata o 21 de xullo.
venres, 21 xuñ 2013
Do 25 ó 29 de xuño, Vigo programa actividades con motivo da Semana do Orgullo con actos culturais, festivos, reivindicativos... uns organizados pola Asociación "Nós Mesmas" e os outros pola Concellería de Igualdade. A primeira actividade do programa será o martes 25 ás 20h coa inauguración da exposición "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB" na Casa das Artes
xoves, 20 xuñ 2013
O alcalde entregou hoxe 150 diplomas a outros tantos alumnos do CEIP Mosteiro-Bembrive que participaron no programa municipal "Camiña con nós pola igualdade". A oitava edición contou coa participación de 42 centros escolares e preto de 4.500 alumnos.
luns, 10 xuñ 2013
No Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo preséntase o martes , 11 de xuño ás 19.00 horas, a presentación do libro "Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana" de Aurora Marco (ed.) No mesmo acto terá lugar a proxección do vídeo "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de Pablo Ces.

martes, 4 xuñ 2013
O mercores finaliza o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE" organizado pola Concellería de Igualdade .

luns, 27 mai 2013
O martes, 28 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" entrevista a Antía Cal, mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.Realiza a entrevista María José del Río.