Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto
xoves, 16 mai 2013O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto.
O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto.
O martes, 14 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" Entrevista a Carmen Segurana, sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres. Realiza a entrevista: María Xosé Porteiro<br />
Co motivo da celebración este ano dos 150 anos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Concellería de Igualdade programa o Relatorio "Daquelas que cantan... O Ronsel de Rosalía de Castro" a cargo de Marga do Val que terá lugar este mércores ás 19 h na Casa das Mulleres ( R/Romil, 20 Durante o mesmo contaremos coa actuación de Alba Rodríguez
O alcalde de Vigo asinou hoxe martes sendos convenios para financiar actividades de loita contra a violencia de xénero por valor de 32.300 euros. Concretamente, a Asociación de Mulleres Dorna recibiu 17.000 euros e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, 15.300 euros.
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo programa para esta semana dúas actividades: faladoiro de libros con....María Calado Otero e cafés literarios coa obra "Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño.
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, informou este luns da edición de dúas publicacións que procuran formar ás empresas na igualdade como clave para mellorar o funcionamento da compañía e na conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
O xoves 18 de abril a Rede de Mulleres Veciñais ten previsto o visionado da documental "Mirar a la ventana" do Colectivo Maduras. A actividade terá lugar no Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Central na rúa de Joaquín Yáñez 6 - 2º andar ás 18h.
A Concellería de Igualdade organiza o mércores, 17 de abril,ás 19.00 horas na Casa das Mulleres a presentación do relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo". Durante esta sesión o equipo investigador presentará as conclusións deste estudo promovido pola Asociación de Mulleres Progresitas en colaboración co Concello de Vigo.
A Concellería de Igualdade contínua co ciclo de entrevistas a mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo. Nesta ocasión a charla será con Mary Quintero, o martes ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
Helena González Fernández e María do Cebreiro Rábade Villar presentan o libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro" o mércores, 10 de abril ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.