Consello Municipal da Muller distingue a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero

xoves, 28 feb 2013

O Consello Municipal da Muller, na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2013 acordou distinguir a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero, que se otorgará no transcurso dunha cea no Hotel Coia o venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Tamén acordou apoiar a manifestación contra o desmantelemento da Sanidade Pública e difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó.

Abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro: "COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA"

xoves, 21 feb 2013

A concellería de Igualdade organiza este obradoiro que será impartido por Ana Belén Puñal Rama, xornalista, e que realizarase na Casa das Mulleres os sábados 9 e 16 de marzo de 10.00 h a 14.00 h. Os obxectivos do obradoiro son detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe e o seu carácter androcéntrico así como facilitar estratexias prácticas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.

O Concello facilita axudas de emerxencia a mulleres vítimas de violencia de xénero

mércores, 6 feb 2013

Abel Caballero avanzou hoxe mércores a aprobación dunha axuda de 10.000 euros para que mulleres vítimas de violencia de xénero poidan afrontar gastos urxentes como aluguer, alimentación ou produtos de hixiene. O rexedor lembrou que o Concello aporta anualmente 266.000 euros ao Centro de Emerxencia Social que desde Vigo atende a toda Galicia e que é compencia da Xunta.

"La educación prohibida"

mércores, 23 xan 2013

A "Rede de Mulleres contra os Malos Tratos" programa para o xoves 24, un videoforum coa película documental "La educación prohibida". Será ás 18 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, na rúa Joaquin Yáñez 6, 2º andar.

Presentación do n. 28 da Festa da Palabra Silenciada

mércores, 19 dec 2012

A Concellería de Igualdade colabora con Feministas Independentes Galegas na edición da revista Festa da Palabra Silenciada que este xoves, día 20 presenta o número 28 dedicado a Clara Zetkin, (5 de julio de 1857 - 20 de junio de 1933), política comunista alemá moi influiente e loitadora dos dereitos da muller. O acto será ás 20 horas na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.

Inaguración da sinalizacións do roteiro en feminino 'Sons de Mulleres'

venres, 14 dec 2012

O sábado 15 de decembro ás 12:00 h. realizarase a inauguración das sinalizacións do roteiro "Sons de mulleres", proxecto de Mulheres Nacionalistas Galegas que conta co apoio e colaboración da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo e que foi concibido como o I Roteiro en Feminino de Vigo co obxectivo de visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo. Leva por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas."mesmo. Este acto terá lugar no punto nº 14 no espazo contra a Violencia de Xénero {situado na rua Ronda de Don Bosco, ao lado do Marco}.

Inaguración de la señalizaciones del roteiro en femenino 'Sonidos de Mujeres'

venres, 14 dec 2012

El sábado 15 de diciembre a las 12:00 h. se realizará la inauguración de las señalizaciones del roteiro "Sonidos de mujeres", proyecto de Mujeres Nacionalistas Gallegas que cuenta con el apoyo y colaboración de la Concejalía de Igualdad del Ayuntamiento de Vigo y que fue concebido como el I Roteiro en Femenino de Vigo con el objetivo de visibilizar las mujeres que, individual o colectivamente, tejieron la historia de Vigo. Lleva por quince puntos situados fundamentalmente en el casco histórico de la ciudad, en los que, de un o de otro modo, las mujeres dejaron su huella y su contribución a la identidad de Vigo, aunque la propia historia de la ciudad las tenga silenciadas."incluso. Este acto tendrá lugar en el punto nº 14 en el espacio contra la Violencia de Género {situado en la rua Ronda de Don Bosco, del lado del Marco}.

Programa de charlas na Casa das Mulleres

xoves, 13 dec 2012

A Concellería de Igualdade programa dúas charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante asemana do 17 ao 21 de decembro. A primeira sobre "Xogos, xogueres e contos que nos fan máis iguais" e a segunda sobre "A voz: unha ferramenta para triunfar"<br />