O Concello programa actividades de "apoio" á inserción laboral e á "autonomía" das mulleres
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, informou hoxe mércores da programación de actividades ata xuño no Centro de Documentación e Recursos Feministas e na Casa das Mulleres, que inclúen dúas novas propostas sobre emprego feminino.
Abelairas salientou as dúas novas propostas dirixidas á empregabilidade feminina neste primeiro semestre do ano. As Xornadas de apoio ao emprendemento e liderado empresarial feminino ten coma obxectivos fomentar e impulsar o autoemprego, potenciar as habilidades directivas e comerciais e visibilizar experiencias de mulleres emprendedoras. Terá lugar os xoves, do 11 de abril ao 16 de maio, ambos inclusive, na Casa das Mulleres.
O Club de Emprego, a segunda iniciativa que da comezo nesta programación, procura, segundo revelou a concelleira, "apoiar ás mulleres na búsqueda de emprego" mediante a creación dun espazo destinado ao efecto onde se apoie e titorice ás mulleres dun xeito activo e participativo na procura do emprego.
Estas dúas novas actividades complementan os tradicionais clubs de lectura, obradoiros sobre comunicación, faladoiros de libros, charlas e videofórums que se organizan tanto na Casa das Mulleres como no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
Descargar todas as imaxes