venres, 22 febreiro 2013

O Concello distribuirá 600.000 euros entre os clubs de deporte de base da cidade

venres, 22 feb 2013

As arcas municipais destiñan 600.000 euros a financiar os clubs de deporte de base da cidade, a mesma cuantía do ano pasado e que foi repartida entre 171 colectivos. A esta cantidade hai que sumar outros 267.500 euros, aprobardos esta semana, neste caso para entidades de élite, polo que o importe total de axudas ao deporte ascende a 867.500 euros.

Vigo competiu con outras cincuenta administracións por este premio

O Concello de Vigo gaña un premio nacional ao Proxecto referente en Administración Electrónica na contratación

venres, 22 feb 2013

A transparencia e a innovación son algúns dos aspectos que se tiveron en conta á hora de outorgar a Vigo o premio nacional ao Proxecto Referente en Administración Electrónica polo sistema de contratación implantado no Concello. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu onte xoves en Madrid o galardón nun acto no que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Facenda, Raquel Díaz.

Urbanismo

APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA APR A-3-10 ESTURANS (EXPTE. 4856/401)

venres, 22 feb 2013

A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21 de decembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:<br /> <br /> "PRIMEIRO:Aprobar inicialmente o Proxecto de Urbanización da «APR A-3-10 Esturáns», redatado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos, D. Juan M. Aneiros Blanco e D. Ignacio Teijeiro Calvo, na súa versión refundida conformada polo proxecto visado polo Colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos de Galicia de día 02.09.2010 e documentación reformada -sen visar- integrada no referido proxecto como "reformado" coa sinatura do enxeñeiro técnico de obras públicas dos Servizos Técnicos en data 23.11.2012 (exp. 4856/401).