APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA APR A-3-10 ESTURANS (EXPTE. 4856/401)
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21 de decembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:<br /> <br /> "PRIMEIRO:Aprobar inicialmente o Proxecto de Urbanización da «APR A-3-10 Esturáns», redatado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos, D. Juan M. Aneiros Blanco e D. Ignacio Teijeiro Calvo, na súa versión refundida conformada polo proxecto visado polo Colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos de Galicia de día 02.09.2010 e documentación reformada -sen visar- integrada no referido proxecto como "reformado" coa sinatura do enxeñeiro técnico de obras públicas dos Servizos Técnicos en data 23.11.2012 (exp. 4856/401).
SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación de anuncio no BOP e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante a notificación individualizada aos propietarios incluídos no ámbito do Proxecto de Urbanización. Notifíquese, tamén, ás mercantís "AQUALIA", "GAS NATURAL FENOSA", "TELEFÓNICA" e "R".
TERCEIRO: Comunicar á propiedade que o aval a presentar será do 100% no caso de que se pretenda simultanear a obra urbanizadora coas obras de edificación. Dito aval deberá constituirse con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto de urbanización.
CUARTO: En ningún caso se procederá á aprobación definitiva do proxecto de urbanización inicialmente aprobado, sen a previa ou simultánea aprobación definitiva do instrumento de equidistribución do polígono.
QUINTO: Trasladar o presente acordo ás oficinas municipais de Vías e Obras, Electromecánicos, OSPIO, Parques, Montes e Xardíns, e Licenzas de Obras."
Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.