Escoitar

Caballero revela o interese de inversores europeos de crear un área comercial e de ocio en Cabral

O alcalde e a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, recibiron hoxe venres "con agrado" a proposta dos directivos de Eurofund -un fondo inversor europeo- de crear un complexo de ocio e comercial no ámbito de Liñeiriños, en Cabral.

venres, 22 feb 2013
1361551641eurofund.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva mantiveron unha entrevista co director xeral, o director xerente e un socio de Eurofund, un fondo de inversión europeo especializados en proxectos de "atracción cidadá, comercial e de ocio", explicou Caballero.

Segundo indicou Caballero ante os medios de comunicación, Eurofund pensa no ámbito de Liñeiriños, en Cabral, para levar adiante un complexo comercial e de ocio. O fondo realizou un complexo comercial en Zaragoza, baixo o nome de Puerto Venecia e cun investimento superior aos 500 millóns de euros.

O alcalde ve "sólido e ben desenvolto" o proxecto de Eurofund, con firmas comerciais punteiras en Europa que, "de materializarse", podería supor a "dinamización do pequeno e mediano comercio de todo Vigo". A proposta entra dentro da calificación do ámbito de Liñeiriños, en Cabral, de desenvolvemento público, segundo o PXOM. Abel Caballero considera unha "boa nova que este grupo inversor manifeste o seu interese" na cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes