Escoitar

Melendi presenta no Auditorio Mar de Vigo o seu novo disco, "Lágrimas Desordenadas"

O alcalde, Abel Caballero, xunto a Manuel Garrido en representación da promotora, presentaron este xoves os concertos que ofrecerá o artista asturiano o venres e o sábado no Auditorio Mar de Vigo, ás 21 horas. Vigo será esta fin de semana o punto de partida da xira de presentación do novo traballo de Melendi.

xoves, 21 feb 2013
1361450532melendi.JPG
Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" polos concertos que ofrece Melendi na cidade, nos que coopera o Concello de Vigo como parte do proxecto municipal de "traer a Vigo actuacións notables" en materia musical.

Melendi programa dúas citas en Vigo, mañá venres e o sábado, ambas datas no Auditorio Mar de Vigo ás 21 horas. O segundo concerto ten lugar ante o elevado nivel de demanda de entradas para o espectáculo do venres, que agotou o papel no primeiro día de saída á venda. Segundo explicou Manuel Garrido, Servinova ten aínda dispoñibles unhas 50 entradas, que sairán en taquilla de non venderse hoxe xoves.
Descargar todas as imaxes