Caballero propón unha asamblea de alcaldes para estudar o borrador da lei de administración local
Tras a reunión da dirección da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o alcalde de Vigo e vicepresidente da entidade defendeu hoxe xoves a celebración en marzo dunha asamblea de todos os alcaldes para estudar o proxecto de Lei de Bases de Réxime Local que aprobou inicialmente o Goberno de España.
Abel Caballero trasladou a negativa unánime de toda a dirección da FEMP á proposta estatal de que os municipios cedan as competencias e o financiamento en educación e servizos sociais ás Comunidades Autónomas, o que suporía, segundo o exemplo dado polo rexedor vigués, que o Centro de Inclusión Social que abriu o Concello en Marqués de Valterra sexa xestionado pola Xunta de Galicia e pagado pola administración local.
A unanimidade da Federación, tal e como informou Caballero, ve un "disparate absoluto" que os concellos financien ás autonomías para que presten servizos sociais e educativos nos mesmos municipios. Os membros da FEMP tampouco están de acordo coa iniciativa do Goberno de España de que as deputacións provinciais poidan intervir "con suma facilidade" aos concellos de menos de 5.000 habitantes.
Abel Caballero revelou que os municipios españois están unanimemente en contra destas premisas, polo que o alcalde vigués solicitou na executiva de onte a convocatoria e celebración dunha asamblea con todos os rexedores españois para estudar o proxecto de lei, cita que tería lugar en marzo, antes da aprobación definitiva da nova Lei de Bases de Réxime Local.
Descargar todas as imaxes