xoves, 21 febreiro 2013

Abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro: "COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA"

xoves, 21 feb 2013

A concellería de Igualdade organiza este obradoiro que será impartido por Ana Belén Puñal Rama, xornalista, e que realizarase na Casa das Mulleres os sábados 9 e 16 de marzo de 10.00 h a 14.00 h. Os obxectivos do obradoiro son detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe e o seu carácter androcéntrico así como facilitar estratexias prácticas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.