Abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro: "COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA"
A concellería de Igualdade organiza este obradoiro que será impartido por Ana Belén Puñal Rama, xornalista, e que realizarase na Casa das Mulleres os sábados 9 e 16 de marzo de 10.00 h a 14.00 h. Os obxectivos do obradoiro son detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe e o seu carácter androcéntrico así como facilitar estratexias prácticas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.
Contidos:
O sexismo social e a ollada androcéntrica sobre a realidade.
O sexismo na linguaxe: o sexismo a nivel do dircurso e da norma lingüística.
Estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva:
3.1 Como evitar o xenérico masculino.
3.2 Como nomear a mulleres e homes de maneira equilibrada.
3.3 Suxestións para evitar os estereotipos.
3.4 A identificación das mulleres como axentes.
3.5 A aplicación da perspectiva de xénero.
3.6 Ferramentas informáticas para a detección do sexismo na linguaxe.
Aplicación práctica dos contidos impartidos: redacción non sexista.
O desenvolvemento do programa constará de 8 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 4 horas de duración cada unha.
Inscrición previa. Prazas limitadas.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20
O prazo de inscrición comeza o venres 22 de febreiro e permanecerá aberto ata completar o número de prazas. Concederanse as prazas segundo a orde de inscrición. As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org