Escoitar

O alcalde di que o Concello non ten marxe de maniobra para paralizar o derrubamento de Punta Lagoa

O alcalde de Vigo reiterou hoxe xoves a obriga do Concello de executar o derribo das naves de Punta Lagoa. Caballero trasladoulle aos traballadores da empresa afectada, Yatesport, a súa solidariedade, matizando que o Goberno municipal non "discute as sentenzas, as cumpre".

xoves, 21 feb 2013
1361450705yatesport.JPG
Abel Caballero trasladou hoxe xoves a súa solidariedade aos traballadores de Yatesport, a empresa instalada nas naves de Punta Lagoa que o TSXG ordenou derribar nunha sentenza á que non cabe apelación. Logo de manter un encontro con tres representantes dos empregados, Caballero reiterou a súa obriga de cumprir un mandato xudicial porque "as setenzas xudiciais non se discuten, se cumpren". Comprometeuse a apoiar aos 31 traballadores, como a calquera vigués con un posto de traballo en risco, pero matizou que o Concello non ten marxe de maniobra, máis aló de executar a decisión xudicial. Ante preguntas dos xornalistas sobre a hipotética legalización destas naves, o rexedor asegurou que é a empresa afectada a que ten que buscar unha solución que amparen os xuíces.
Descargar todas as imaxes